Windows 7 en Galego

0 parolas

Neste artigo, veremos como traducires o Windows 7 ao Galego.

O Windows 7 é o sistema operativo máis funcional e seguro dos que Microsoft sacou ata o de agora. Aquí atoparedes máis información: http://windows.microsoft.com/en-us/windows-7

Para telo traducido, haberá que facer dúas operacións:

  1. Cambiala rexión dentro do noso Windows 7 para que as variables xerais (data, moeda,…) estén en Galego. Esta é a parte máis sinxela.
  2. Descargar e instalar o paquete de traducción dende a páxina web de Microsoft para que todo o contido do sistema operativo estea en Galego.


Comezamos…

1. Cambiar a rexión.

Dentro do Panel de Control, iremos a “Región e Idioma” ou “Configuración regional e Idioma”, se temos o Windows 7 en castelán:

image

Unha vez aí, premeremos onde di Formato: e escolleremos Galego:

image

En canto lle deamos a Aceptar, xa poderemos ver, por exemplo, o día en Galego.

2. Instalar o paquete de traducción

O primeiro paso desta operación é descargar este paquete dende a páxina de Microsoft. Pódese atopar en: http://www.microsoft.com/downloads/details.aspx?FamilyID=a1a48de1-e264-48d6-8439-ab7139c9c14d&displaylang=gl.

Aí hai dous ficheiros para baixar, un para os sistemas operativos de 32 bits e outro para os sistemas operativos de 64 bits. Se non sabes de cantos bits é o teu sistema operativo non rabees, non che deixará instalar outro que non sexa o teu, así que o mal menor será que probes con un, non che deixe instalar e probes co outro. Como nota direi que a maioría dos sistemas operativos son aínda de 32 bits, entón se non estás seguro, proba con ese primeiro.

Cando estea o ficheiro gardado no noso computador, teremos que executalo (facerlle doble click) e a instalación iniciarase:

Listo para instalar LIP Galego

Logo disto, haberá que aceptar o acordos de licencias:

Licencia del LIPDescripción del LIP

No seguinte paso, xa se produce a instalación:

Progreso de la Instalación

Cando remate a instalación, o último paso é volver ao Panel de Control e entrar outra vez en “Rexión e Idioma”. Aí entraremos na pestana de “Teclados e idiomas” e seleccionaremos o galego como o idioma a mostrar:

image

Despois disto, xa teremos o Windows 7 totalmente en Galego.

A disfrutalo! :)